Thursday 25 de April de 2024

Touro vive o seu XIX Festival de Bandas


Veciños e visitantes desfrutaron onte domingo en Fonte Díaz da música das bandas de música de Arca, Brión e Touro

Os veciños de Touro e os visitantes que se achegan no verán ata o Concello viviron e desfrutaron onte pola tarde da música do seu XIX Festival de Bandas Concello de Touro, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo Concello de Touro. A cita musical é xa unha tradición en Touro. A fermosa tarde de verán estivo amenizada pola tamén fermosa música interpretada polas bandas en Fonte Díaz, capital de Concello de Touro. Numeroso público acudiu ao concerto das tres bandas: Arca, Brión e Touro. Pasadas ás seis da tarde comenzou o festival.

Veciños e forasteiros acudiron ao Campo da Festa, onde se instalou o palco e unha carpa. Abriu o festival a Banda de Música de Arca. Os músicos interpretaron os siguientes temas: Pusiano, Los últimos días de Troya, Mar i bel e Muiñeira dos Pendellos. Lle seguiu a Banda de Brión. E interpretou os temas: Feria de Julio, Tango for a toreador, Rollipops e Namoriqueira. O festival pechouno a Banda de Música Isabel II de Touro. O repertorio interpretado: Bagaxes, Gloriosa insurección, A lenda de Montelongo. A formación musical de Touro “agradeu ás persoas implicadas no proxecto o traballo e esforzo feito de cara á existencia e continuidade desta agrupación”. Tamén agradeu a presencia no festival das bandas de Arca e Brión. As tres bandas colleitaron os aplausos do numeroso público, que desfrutó dunha tarde de música y de verán na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música. O Festival de Bandas do Concello de Touro voltará outra vez no verán do 2023. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido; e o presidente da Banda Isabel II de Touro, Manuel Rodríguez Calvo, entregaron un obsequio de lembranza aos directores das tres bandas.